Esta é unha actividade que desde o ano 2022 ven sendo coordinada polo Departamento de De Pastoral Penitenciaria da CEE. Desde fai moitos anos que no Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar se viña realizando, como noutros cárceres, pero agora é conxuntamente.
Os días previos 13 cárceres de toda España nos puxemos en Camiño, cada un polo seu, e o día 5 confluimos todos en Santiago de Compostela.
Nós participamos 7 internos, 8 funcionarios, 2 voluntarios e un capelán. Saímos en Bus a Pontevedra o mércores día 2 de outubro.
En Pontevedra despois de encomendar a nosa peregrinaxe á Virxe saímos baixo un diluvio a Caldas de Reis.
Desde Caldas saímos con outro clima e xa alguna vinchoca nos pés cara O Conventro Franciscano de Herbón, onde As Hospitaleiras da AGACS, os franciscanos e mesmo os peregrinos de sete nacionalidades distintas nos acolleron cunha emoción desbordada e na cea compartimos unha festa de fraternidade. Na que con moita sorpresa e agarimo nos visitaron O Director e a Subdirectora de Tratamento.
Desde Herbón cando aínda era escuro, saímos xa cara a meta, a tumba do apóstolo. Alí nos acolleu o Sr. Arcebispo de Santiago, o noso D. Francisco.
Xa o sábado 5 nos xuntamos Outra vez con oso Director, subdirectora, tres funcionarios máis, un voluntario e o Capelán D. Manuel. Baixo un río de auga cos outros 220, entre internos, funcionarios e voluntarios de todos os cárceres emprendimos camiño cara a Catedral, onde celebramos a Eucaristía no templo ateigado con outros peregrinos.
Despois compartimos un encontro onde un preso de cada cárcere fixo unha breve exposición do que supuxo para eles o camiño.
O noso «V…..» dixo entre outras cousas: «Esto nos ha servido para conocernos mejor y reforzar nuestros sentimientos y creencias… Hemos llevado cargas innecesarias en nuestra mochila que poco a poco la hemos ido vaciando, aligerándonos de pesos y la hemos ido reponiendo con emociones y sensaciones prometedoras»
E outro interno de outro cárcere dixo algo tan emocionante como: «Le pedimos a la Iglesia que no tenga vergüenza de seguir acompañándonos como no se avergüenzan nuestras madres de ponerse en la cola de comunicaciones»
Despois compartimos o xantar todos xuntos na Hospedería do Seminario Maior.
Como dixo na viaxe de volta unha das T. Sociais do noso centro de Pereiro de Aguiar: «Unha experienza inesquecible… todo o que comparimos, o compañeirismo a cercanía, non teño palabras para resumilo. Moi ben.
Grazas Igrexa de Ourense,
Grazas ás parroquias que este ano cubriron os gastos dos internos,
Grazas á empresa Gavilanes por levarnos e traernos,
Grazas aos nosos xenerosos voluntarios de Pastoral penitenciaria.
Moitas grazas ao funcionarios que nos acompañastes neste camiño, tendes un corazón grande e moito humor. Grazas a todos os que xunto co Equipo Directivo ao longo de todo o ano facédesnos sentir coma na casa.
Pero especialmente vós os internos, vós sodes o sentido do que facemos. Grazas por confiar en nós. Grazas porque sodes vós co voso comportamento os que facedes visible que a reinserción é posible.
E todo isto para que «os homes vendo as vosas boas obras dean Gloria a Deus o voso Pai»
