O domingo día 29, os cristiáns conmemoramos a entrada triunfal de Xesús na cidade Santa de Xerusalén, cando os contemporáneos de Xesús o alababan con cantos: «Hosanna ao fillo de David!» e con palmas e ramos o aclamaban. Na nosa cidade terá lugar a bendición de ramos ás 11.30 no parque de San Lázaro e logo a procesión coa imaxe da «borriquilla» ata a Catedral, onde o noso Bispo presidirá a celebración da Eucaristía.

 

Ademais, noutras vilas e pobos terán lugar as bendicións de ramos coas súas respectivas procesións. Tamén en numerosas parroquias da nosa diocese os sacerdotes bendirán os ramos e celebrarán a eucaristía neste día tan entrañable para o pobo cristián, de forma especial para os máis pequenos dos nosos fogares, os nenos, que son os verdadeiros protagonistas deste domingo.