O domingo 16 de novembro, os fregueses de San Antón da Barca, Santiago de Barbantes e Sta. Baia de Laias, organizaron un día de festa para agradecer os máis de 60 anos da presenza de D. Agustín Leiro entre eles. Unha emotiva Eucaristía na que recordaron e agradeceron a súa entrega xenerosa e cercana ó longo de tantos anos, destacando e valorando, que a pesar dos seus anos, os siga acompañando cada domingo. Despóis compartiron con el un xantar no que non faltaron os agasallos e os recordos de todo este camiño percorrido ó seu carón.