O mércores día 8, os curas ordenados nos últimos dez anos, acompañados polo Sr. Bispo, pasamos un día de convivencia na Ribeira Sacra. Unha xornada para rezar, escoitar as palabras de ánimo que o noso Bispo nos compartiu e coñecer e disfrutar dun dos lugares máis fermosos e cargados de historia e cultura da nosa Diocese, onde a pegada da fe se deixa sentir cunha forza especial. Rematamos a xornada disfrutando dun paseo en catamarán e descubrindo a beleza dunha paisaxe única e impresionante. Agradecemos a acollida de D. Xosé Xulio e as palabras de Vania e Lucia, que nos axudaron a descubrir todo o que os nosos devanceiros nos legaron ó longo dos séculos.