El miércoles 21 de mayo de 2025 falleció el Rvdo. Sr. D. Alfonso Iglesias Rodríguez, párroco emérito de San Benito de Bentraces.

Nació en Barbadás el 3 de febrero de 1940. Fue ordenado presbítero el 19 de marzo de 1965 en Roma. Fue párroco de San Benito de Bentraces de 1988 a 2022, de Santa Baia de Parderrubias de 1993 a 2007 y de Nuestra Señora de Lourdes de A Manchica de 1991 a 2007, además de profesor del Seminario de 1966 a 2005.

SEMBLANZA
Por José Pérez Domínguez

Natural de San Xoán de Barbadás, o sacerdote Alfonso Iglesias Rodríguez foi profesor e formador no Seminario Maior de Ourense dende 1966 ata 2005. Adscrito á parroquia de San Pío X, foi párroco de San Benito de Bentraces, de Santa Baia de Parderrubias e de Nosa Señora de Lourdes na Manchica. Alfonso Iglesias estudou no seminario ourensán e licenciouse en Ciencias da Educación e Psicoloxía pola Pontificia Universidade Salesiana en Roma. Dotado cunha memoria prodixiosa era capaz de repetir literalmente un discurso ou presentación de máis dunha hora. Don Alfonso era tamén deportista nato, aínda na súa etapa docente no seminario, foi o primeiro en saltar ao campo de fútbol e en constantes duelos cos seminaristas no seu afán de vencer aos adversarios.. No seminario de verán de Porto do Son, Alfonso mantivo o seu récord de natación nunha rocha afastada da praia na ría de Muros. Cando os seus compañeiros profesores e educadores lle dicían que non podía ser tan destemido, el respondía co seu famoso: «¡Jobá, non é para tanto!».

Tivo un gravísimo accidente de tráfico na estrada de Celanova, camiño da súa casa en Barbadás. Todos críamos que quedaría incapacitado permanentemente para camiñar e defenderse normalmente. Pero cunha determinación tremenda, puido recuperarse e seguir facendo as súas brazas diarias na piscina municipal. Eu díxenlle un día: «Alfonso, se dedicaras ao espiritual o esforzo e a forza de vontade que lle dedicaches ao físico, hoxe serías máis santo que Teresa de Xesús». Alfonso nunca faltaba ás reunións e gustáballe ir sempre onde fose convidado. Nunca faltou ás reunións misioneiras, ás reunións do catecismo e ás celebracións do seminario.

Foi profesor de 1966 a 2005 no Instituto Teolóxico Divino Maestro, adscrito á Universidade Pontificia de Salamanca. Os seus alumnos adorábano: xovial, alegre, de moi bo humor, escoitába sempre e era moi accesible. Moitas veces converteuse nun pano de vágoas para moitos, cando as cousas non saían como desexaban. Foi un home aberto ao diálogo e con capacidade de escoita. Na súa pastoral na parroquia de San Pío X tivo certas interferencias con Antonio Borrajo, outro magnífico sacerdote. Resulta que don Antonio inclinábase pola o partido de AP de Manuel Fraga, e Alfonso, naqueles tempos, era do CDS de Adolfo Suárez. Pois sempre que don Alfonso celebraba misa os domingos e predicaba, ao remate, Antonio subía ao micrófono para aclarar as ideas políticas. A Alfonso non lle gustaba, pero por respecto e cariño a don Antonio nunca lle dixo nada.

Foi amigo de viaxar, coñecer, ver paisaxes, nacións e culturas diferentes. A fotografía e a rodaxe eran as súas afeccións. A súa casa é unha auténtica cinemateca de temas moi variados, especialmente de historia das relixións, das filosofías hinduístas e budistas e do pensamento islámico. Alfonso morreu coas botas postas. A súa última viaxe a Roma foi a súa despedida. No hotel onde estabamos aloxados, deulle un ictus do que non se recuperou, a pesar dos seus esforzos e do coidado da súa familia. Que descanse en paz!

El funeral por su eterno descanso se celebrará el jueves 22 de mayo de 2025, a las 17:00 h., en la iglesia parroquial de San Xoán Bautista de Barbadás.

El velatorio se encuentra situado en el tanatorio de Barbadás.