O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o Arcebispo de Santiago, Monseñor Prieto, participaron na presentación da obra Coroas de santidade, do autor Manoel Carrete Rivera,que recompila documentos e imaxes das coroacións das Virxes dos Remedios nas parroquias de Castro Caldelas, en Ourense, e de Santa María da Ermida, en Lugo. Ambas celebracións, tal e como se relatan no volume, contan coa particularidade de ter sido realizadas integramente en lingua galega.