O Sr. Bispo e os responsables de Pastoral Penitenciaria na Diocese de Ourense compartían, nestas datas de Nadal, unha xornada cos internos, cos traballadores e cos voluntarios no Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar, onde estiveron na enfermería e despois na capela coa Celebración da Eucaristía onde se estrenou o coro de pastoral penitenciaria con músicos e cantores. Un dos internos pediulle a Monseñor Lemos Montanet se o podía confesar, de xeito que o Sr. Obispo celebrou o sacramento da reconciliación neste centro penitenciario, aproveitando para programar líñas de traballo para os vindeiros meses, dado que tamén é centro xubilar no Ano Xubilar 2025.