Os alumnos do Seminario Menor achegámonos ó Instituto Xeriátrico Divino Maestro para compartir a ledicia do Nadal cos seus residentes. Logo dun animado canto de panxoliñas con eles, intercambiamos tarxetas de Nadal feitas por nós mesmos e recibimos as que tamén eles fixeron para nós.
O encontro rematou cun chocolate con churros no que compartimos, con todos eles moitas experiencias e anécdotas e nos desexamos un bo Nadal. Desde aquí queremos agradecer á dirección do Instituto Xeriátrico Divino Maestro e o seu persoal, a súa colaboración para que esta tarde tan fermosa se puidera celebrar.