Con motivo da celebración do día da Inmaculada Concepción, o noso Seminario Menor celebrou a festa na honra da que tamén é a súa patroa.

Foi, sen ningunha dúbida o día da familia do Seminario Menor, no que toda a comunidade educativa: alumnos, profesores, formadores, persoal de administración e servizos, familias… honraron á nosa Nai.

A mañá comezou con diferentes sesións formativas por cursos para os nosos alumnos e alumnas que deron paso ás diferentes competicións deportivas e o xa tradicional partido de profesores contra alumnosO momento central do día foi a celebración Eucaristía, na que, presididos polo noso bispo, celebraron xuntos a fe a carón de María Inmaculada.

Xa pola tarde desfrutaron dunha velada musical e teatral a cargo dos alumnos e alumnas da asignatura de música e da academia de Teatro SMO; ó finalizar a mesma fíxose entrega do Premio Inmaculada 2024, que nesta ocasión recaeu en D. Alfonso Iglesias, profesor emérito do Seminario.