Esta iniciativa ofrécenos a posibilidade de pasar a tarde nun mosteiro, nun clima de silencio, finalizando coa oraciónd e vésperas dos monxes/as (Oseira e Armenteira) comezando este domingo día 22 no mosteiro de Oseira (no mes de outubro será o día 20 en Sobrado dos Monxes, e o 17 de novembro e 22 de decembro de novo en Oseira. Continuará en xaneiro, unha vez ó mes, ata o mes de xuño. Está dirixida a persoas de entre 25 e 65 anos e organizada pola parroquia de San Cibrao das Viñas. Para máis información, D. Carlos: 639 510 854.