O 11 de setembro presentouse na sala da Deputación na Oficina Principal de Correos de Ourense un novo mataselos dentro da exposición «Iconografía relixiosa» organizada pola Sociedade Filatélica Miño, conmemorando as coroacións canónicas de Galicia do ano 2024. A imaxe central corresponde ó Crismón de A Ermida (Quiroga), unha peza circular de mármore tallada cunha inscripción en latín e letras en grego. Ata o 1887 fixo de altar na igrexa do século XII de Santa María da Ermida, e no 1925 foi trasladado ó Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo, onde está exposto.