O  Sr. Bispo presidiu este domingo 11 de agosto a Celebración Eucarística na parroquia de Verín, con motivo dos 50 anos de matrimonio de Pepe e Marujita, que se caracterizaron sempre por atender e arroupar ós sacerdotes da zona, sabendo facer, como destacou Monseñor Lemos Montanet, da súa casa e da súa familia unha casa e unha familia para os sacerdotes do arciprestado de Verín.