A parroquia de San Mamede de Estevesiños, coincidindo coa Festa Patronal de San Mamede, homenaxeou á súa sacristana, a señora Marina que marcha a vivir a Valladolid coa súa familia despois de ter coidado com gran celo e cariño a igrexa parroquial confeccionando manteles, xogos de corporais…. Colocaba flores frescas, e preparaba o templo para todas as celebracións da comunidade. No corazón dos veciños de Estevesiños queda un profundo agradecemento para esta colaboradora excepcional.