Este domingo os veciños da parroquia de Paradela de Abeleda xunto co Concello de Porqueira, rendiron unha homenaxe ao que foi seu párroco durante 54 anos: Don Manuel Crespo. Don Manuel iniciou e rematou nesa parroquia o seu ministerio sacerdotal.
Os actos comenzaron ca celebración da Eucaristía do Domingo onde se empregou un cáliz e unha patena que Don Manuel regalou á parroquia neste día. A Eucaristía estivo presidida, representando ao Sr. Bispo polo Vicario para o Patrimonio e o Sostemento da Igrexa, quen destacou a súa entrega sacerdotal adicando toda a súa vida a esta e as outras parroquias da zona que rexiu. A continuación na praza do pobo descubriuse unha placa adicando esta mesma plaza a Don Manuel, destacando a súa gran labor social que fixo a favor desta parroquia.
O Vicario episcopal, no nome do Sr. Bispo, agradeceu ao pobo e ao concello o ter decidido celebrar este acto de homenaxe a adicar a praza do pobo ao que foi seu cura; tamén especialmente os anos de ministerio pastoral de Don Manuel tanto nestas parroquias como na Curia Diocesana, así como moi especialmente o permanente cuidado das súas irmás por Don Manuel, especialmente nestes momentos de debilidade.
A xornada concluiu cun xantar popular preparado polos veciños da parroquia.




