O venres 13 de novembro, os sacerdotes ordenados nos últimos dez anos, acompañados polo Sr. Bispo, tivemos a primeira xornada de convivencia deste curso. O Mosteiro de Allariz foi o noso punto de encontro. Alí recibíronnos coa xenerosidade e a acollida que sempre caracterizan as Irmáns Clarisas. Na Igrexa do Mosteiro tivemos un momento de oración e escoitamos as palabras de alento que D. Leonardo compartió connosco. A visita a Santa Mariña de Aguas Santas permitiunos descubrir de novo un dos conxuntos histórico-artísticos e relixiosos máis singulares de Galicia, un lugar cheo de historia, tradición e espiritualidade.
De volta a Allariz, o xantar e o Magosto, foron a ocasión perfecta para completar unha xornada de fraternidade sacerdotal. Un tempo para compartir experiencias, fortalecer os vínculos de amizade e animarnos para seguir camiñando con ilusión no noso ministerio. Agradecemos a acollida de D. Eduardo en Santa Mariña de Aguas Santas e as explicacións de D. Arturo Fuentes. Queremos agradecer tamén o traballo e a adicación do Equipo Sacerdotal de Allariz, que coidou todos os detalles para que esta xornada resultase tan agradeble e proveitosa.
