O martes día 2, un bo grupo de curas xubilados, acompañados polo Sr. Bispo e os membros do equipo da Vicaría para o Clero, pasamos un fermoso día de convivencia pola Baixa Limia e Celanova.
Santa Comba de Bande, Lobios, Entrimo e Celanova, foron os lugares visitados.
Houbo tempo para un baño no balneario de Lobios e celebrar a Eucaristía na Igrexa de Santa María a Real de Entrimo.
Pero sobretodo foi unha xornada para atoparnos, convivir e recordar.
