Os delegados de Pastoral Vocacional das diócesis galegas reuníronse o martes 28 de abril co Bispo responsable da pastoral vocacional na provincia eclesiástica, monseñor Fernando García Cadiñanos, Bispo de Mondoñedo- Ferrol nunha xornada para avaliar a celebración nas distintas dióceses da última xornada de oración mundial de oración polas vocacións e vocacións nativas, e tamén para programar a nivel interdiocesano accións vocacionais conxuntas para o vindeiro ano pastoral.

No marco privilexiado da igrexa colexiata de Santa María a Real de Xunqueira de Ambía, comezamos a xornada de traballo con un intre de oración dirixido por monseñor Fernando. De seguido, momento de traballo conxunto, avaliación, análise, diálogo distendido e proxección de accións concretas, para a sensibilización dunha apremiante e nova cultura vocacional de cara o vindeiro ano pastoral, nos ámbitos diocesano e interdiocesano.

Despois de traballar nos posibles temas a abordar de cara o próximo encontro interdiocesano formativo de pastoral vocacional, monseñor Leonardo Lemos Montanet, Bispo de Ourense, tamén se fixo presente e compartiu con nós a súa análise, aportación e reflexión sobre a pastoral vocacional na realidade pastoral da provincia eclesiástica.

Na xornada tamén houbo lugar para a convivencia e para coñecer o rico patrimonio do lugar; coroando a xornada con un pequeño concerto didáctico de música sacra, aproveitando o senlleiro órgano de tubos barroco-ibérico da igrexa colexiata, único no seu estilo, conservación e sonoridade.