O pasado luns día 27 de abril ó redor de 600 alumnos da Diocese de Ourense que cursan a asignatura de Religión Católica en varios centros da provincia asistiron a un encontro en Baiona.

Durante a mañá visitaron a Virxe da Rocha e o castelo-parador de Baiona para rematar a mañá tendo un encontro na igrexa de santa María de Baiona.
Pola tarde tamén pudieron visitar o templo votivo do mar en Panxón, obra do arquitecto Antonio Palacios e remataron a xornada na Praia de Samil.
Os institutos participantes foron:
Ies As Lagoas
Ies do Ribeiro – Rivadavia
Ies Taboada Chivite – Verín
Ies Aquis Querquensis – Bande
Ies O Couto
Ies Lagoa de Antela – Xinzo de Limia
Ies Celso Emilio Ferreiro – Celanova
Ies Julio Prieto Nespereira – 6º
Seminario Menor