O Mércores Santo, tradicionalmente, na nosa diocese é o día en que se celebra a Misa Crismal, celebración na que o Bispo xunto co presbiterio diocesano renova as promesas sacerdotais, e bendícense os santos óleos e conságrase o Santo Crisma. Este ano esta celebración terá lugar na Catedral o mércores día 1 de abril, ás doce da mañá, despois do retiro para os sacerdotes da Diocese que dirixirá o noso Bispo na igrexa de Santa Eufemia.

 

Pola tarde-noite do mércores terá lugar no barrio da Carballeira a procesión coa imaxe do Nazareno, organizada pola Confraría do Paso de Xesús Nazareno.