O pasado día 16 de maio tivo lugar na igrexa do Burgo de Caldelas a entrega dos premios do Foro do Bo Burgo. Os membros do xurado reunidos no concello de Castro Caldelas o día 17 de febreiro do 2025 e composto polo párroco de Santa María do Burgo, D. José Manuel Armestro; a Alcaldesa de Castro Caldelas, Dna. Sara Inés Vega; e D. Manoel Carrete como promotor de ditos premio acordaron premiar por unanimidade nas seguintes categorías:
Premio do Foro do Bo Burgo no eido da Emigración a D. Carlos Prieto Gómez, Delegado do goberno de Cataluña.
Nado en Cataluña, os seus orixes se remontan a Xunqueira de Ambía por parte materna e de Xares por parte paterna. Licenciado en Pedagoxía pola Universitat de Barcelona con diversos estudos de extensión universitaria e postgrado no Institut de Formació Continua de la Universidad Pompeu Fabra e ESADE.
Funcionario do grupo A1 da Deputación de Barcelona.
Subdelegado do Goberno na provincia de Barcelona pola resolución do 26 de xuño, tomando posesión o 1 de xullo do 2019, a ata o 28 de marzo do 2023.
Participou en diversos órganos colexiados en representación del Goberno coma o Consello de Administración da Autoridade do Transporte Metropolitano de Mercabarna, do Consello Reitor do 112, do Padroado da Fundación da Montaña de Montserrat e do Consello de Seguridade de Cataluña.
Foi membro do Consello de Administración de Foment de Ciutat SA, sociedade municipal adscrita á Xerencia Municipal do Concello de Barcelona.
É patrón da Fundació Rafael Campalans e da Fundació Joves, Educació i Societat.
Colaborador cos centro galegos en Cataluña como por exemplo o Centro Galego de Tarragona que preside o fillo dun veciño da parroquia de Pedrouzos, ou có camiño de Santiago que inaugurou no barrio de Horta sendo subdelegado de Barcelona estando presente o concello de Castro Caldelas representado pola súa alcaldesa.
Premio do Foro do Bo Burgo no eido de entidade cultural a Fundación Novoneyra:
A Fundación Uxío Novoneyra é un ente estatal de interese cultural constituído no ano 2011 que persegue os seguintes obxectivos:
A conservación e difusión do legado do poeta Uxío Novoneyra así como da súa obra e as obras da súa colección privada.
A promoción de actividades de estudo e investigación nos eidos da literatura, especialmente na poesía, a lingua, as artes, en especial as visuais e escénicas; e os estudos históricos e políticos.
A defensa do medio ambiente, especialmente o relacionado coa súa obra, no eido territorial das súas actividades.
A dinamización e promoción sociocultural da súa zona de referencia.
A potenciación e a difusión da cultura e a realidade sociocultural de Galicia no exterior e a colaboración con entes público-privados de fins semellantes.
A figura do poeta ten relación con Castro Caldelas a través dun veciño insigne de Caldelas coma é Manolo Casado Nieto, quen tiña relación có autor do Eidos publicados na revista Alborada a cal dirixía o fiscal caldelao.
Os traballos que leve na actualidade a Fundación son ben coñecidos por los compoñentes deste xurado que premian así non só na rehabilitación dunha casa de aldea senón na resistencia e reanimación do rural galego a través da letras, do arte, do ensino… dende o máis fondo da nosa tradición ao máis moderno e internacional, sendo motor de dinamización do Courel e nise rural que nos representa.
Premio do Foro do Bo Burgo no eido da literatura a Dª. Marica Campo: Dª María Pilar Campo Domínguez, nada no Val do Mao (O Incio) o 24 de febreiro de 1948, é unha escritora galega.
É a quinta de oito irmáns. Pasou os primeiros anos no Incio, pero foi á escola a Lugo. Aos quince anos ingresou nunha orde relixiosa coa intención de ser misioneira, e alí permaneceu cinco anos. Acudiu á Universidade Pontificia de Salamanca onde realizou estudos de Teoloxía. Obtivo o título de mestra e iniciou estudos de Filosofía e Letras.
Exerceu como mestra en varias escolas da provincia de Lugo; entre outros: Muimenta, e Castro de Rei, así como en Canarias, e despois na Mariña de Lugo, onde residiu varios anos. Posteriormente desenvolveu o seu labor profesional no IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, lugar onde se xubilou en 2008 e pasou a residir en Lugo.
Publicou os seus primeiros relatos, en castelán, na revista de maxisterio Contacto y acción. Comezou a escribir en galego durante a súa estadía no Colexio Público de Castro de Rei. Participou en concursos de poesía, prosa e teatro obtendo algúns premios. Tamén escribiu letras para o grupo musical Fuxan os ventos.[6] Foi nomeada Chairega de Honra pola Asociación Cultural Xermolos e a Fundación Manuel María da Terra Chá en novembro de 2007.
No ano 2013 o concello de Lugo entregoulle o premio Entre mulleres. Nese mesmo ano foi homenaxeada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega na súa terra, onde ten un monólito.
En 2018 foi elixida protagonista da quinta edición do Día das Galegas nas Letras, pola plataforma literaria A Sega, premio que fora outorgado xa a Patricia Janeiro, María Xosé Queizán, María Victoria Moreno e Dorothé Schubarth.
A biblioteca do colexio Ricardo Gasset do Incio leva o nome de Marica Campo.
En 2022, mantiña semanalmente unha columna de opinión nos xornais El Progreso e Diario de Pontevedra: A tecelá en outono e recibiu o premio da Cultura Galega na categoría de letras polo seu compromiso coa lingua e a cultura galegas, co feminismo e co ecoloxismo.
Mestra que nunca esqueceu o rural galego nin as súas conviccións relixiosas, escritora da terra e coñecedora da mesma.
Premio do Foro do Bo Burgo no eido da Música a D. Xosé Luis Foxo:
D. Xosé Lois Foxo nado o 12 de outubro de 1950 en Romeor (Courel).
Diplomouse en Ciencias Eclesiásticas no Seminario de Lugo. Alí recibiu a súa primeira formación musical da man do mestre Castiñeira, e foi membro da Orquestra da Escola Cantorum como clarinete e gaiteiro solista. Fundou o grupo Toxos e Xestas en Lugo, en 1969. Posteriormente trasladouse a Barcelona para proseguir os seus estudos, licenciándose en tradución e interpretación nas linguas de alemán e inglés pola Universidade Autónoma de Barcelona. Na capital catalá fundou a Escola de Toxos e Xestas, pola que pasaron centos de fillos de galegos ao longo dos dez anos que permaneceu na cidade condal. Escribiu nese tempo o seu primeiro libro centrado na gaita, e que se titulou Os segredos da gaita.
Cando chegou a Ourense da man do Quirogués Vitorino Núñez, funda a Escola provincial de gaitas e a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.
Ten multitude de publicacións e de galardóns concedidos en todo o mundo cabe destacar a Orde do Mérito Civil concedida polo Rei Filipe VI en 2024.
Este premio concédeselle pola recolleita musical no rural feita dende os seus inicios coma músico e levar a todas partes do mundo o son da gaita, e tamén pola creación de clases de gaita na emigración onde os seus inicios foron en Barcelona no Centro Galego de Barcelona que presidía Casado Nieto e despois a fundación da Escola de Danzas e Gaitas Toxos e Xestas de Barcelona.
Premio do Foro do Bo Burgo no eido da defensa dos valores do Camiño de Santiago a Dª. Olga Iglesias Fontal:
Dª Olga Iglesias Fontal nada o 15 de abril de 1971 en Vilavella (Triacastela). Foi deputada do partido popular pola provincia de Lugo e na actualidade é a Alcaldesa de Triacastela.
Licenciada e posteriormente doutora en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela, é funcionaria do corpo veterinario da Xunta de Galicia.
D.ª Olga Iglesias coma alcaldesa de Triacastela fai unha defensa dos valores do Camiño a través das accións municipais e dende fai moitos anos dende accións persoais, xa que é un dos motores do camiño Francés. Este xurado valora o seu esforzo persoal coma alcaldesa do rural e polas súas iniciativas a prol do camiño francés.
Premio do Foro do Bo Burgo no eido do uso do galego ao Centro Galego de Castelló- O Aturuxo:
D. Xosé Filgueira é presidente do Centro Galego de Castelló- O Aturuxo fundado en 1993. Si se caracteriza por algo o Centro Galego de Castelló é polo seu dinamismo e polo uso do galego en todos os eidos incluso nun que normalmente se esquece que o litúrxico. Con motivo da publicación por parte desta entidade do libro “Liturxia Galega e misa en galego a dúas voces” o xurado cree que é ben merecedor deste recoñecemento.
Premio do Foro do Bo Burgo no centenario do Colexio da Inmaculada- Lasalle de Santiago e Asociación de Antigos Alumnos:
No centenario desta institución o xurado destacou a colaboración entre o concello de Castro Caldelas e os Irmáns de Lasalle xa non só en feitos puntuais como a colaboración coa Semana Santa de Santiago por parte dos veciños de Caldelas, ou a representación dos Irmáns nos Remedios, ou na inauguración do Museo de Arte Sacra, ou na Coroación Canónica, ou triduo de Semana Santa, ou en multitude de accións que colaboramos entre ambas institucións; pois por todo iso e porque dende os vosos inicios nos ou os nosos devanceiros tamén colaboraron como Carmen García Blanco, ou Neponuceno García- Blanco París vosos protectores e ben coñecidos nosos por ser Manolo García Blanco, irmán de Carmen, socio patrono do Centro Galego de Barcelona; ou o sobriño de Dª Carmen, Neponuceno, o cura que defendeu a moitos obreiros da Seat en Cornellá abrindo igrexas nas folgas laborais na dictadura…
Por todo iso e por isos cen anos de traballo na educación de moitas xeracións de Santiagueses e santiaguesas.
Premio do Foro do Bo Burgo no eido da Comunicación a Dª Lucía Rodríguez:
Srª Dª Lucía Rodríguez Vázquez, nada en Castro Caldelas o 15 de decembro de 1983, é unha xornalista galega.
Licenciada en xornalismo pola Universidade Pontificia de Salamanca, traballou en Onda Cero, Cazavisión, Antena 3 Televisión, Veo 7 e Telemadrid.
Na Televisión de Galicia presentou Desexos cumpridos dende outubro de 2013 a abril de 2014, Aquí Galicia dende xuño de 2014 a xuño de 2020, Adiviña quen vén esta tarde de xuño a setembro de 2019. Colaborou en Vin polo vento en 2019. En 2018 traballou en Carretera y manta de laSexta, presentou Que nos pille Rebolando! (2020-2021) e dende xuño de 2021 presenta Sabadeando na TVG.
Por ser un orgullo para seu concello, que alí onde vai leva un anaco de Castro Caldelas.
Ese acto nace como un acto reivindicativo da nosa lingua, por tal o recoñecemento de o Burgo e por extensión de Castro Caldelas coma berce do galego xa que o primeiro texto en lingua galega coñecido é dito foro de 1228. Os premiados recibiron un debuxo orixinal da fachada da igrexa do Burgo feitos polo pintor andaluz Francisco Jesús Medialdea.
Ao acto acudiron o delegado do Goberno de Galicia, o subdelegado do Goberno de Ourense, a cantante María do Ceo, o artista Acisclo Manzano; os alcalde de Sober, de Taboadela, de San Xoán de Rio, Triacastela…





