Se sempre a Asemblea de catequistas é un momento festivo, este ano, con máis razón xa que se converterá nun Xubileo: o Xubileo dos Catequistas, o sábado 5 de abril no mosteiro de Santa María a Real de Oseira.
Será un día de encontro, pero tamén de peregrinación cristiana e reconciliación para culminar na Eucaristía.
E tras xantar compartido, xantar peregrino xa que todos levaremos algo que comer, unha tarde de alegría e compromiso que rematará despedíndonos da nosa Señora, sempre Nai, Virxe do leite que a todos nos sostén.
Todos estamos invitados. Celebrar e transmitir a fe é tarea de todos.