O terceiro Domingo de Advento celebrouse dun xeito especial na nosa igrexa Catedral, ateigada de nenos e nenas de distintas parroquias da nosa diocese acompañados polos seus familiares e catequistas.

Unha Eucaristía na que o señor bispo se dirixiu a eles e os animou a contaxiar a ledicia e a Boa Nova do Advento e do Nadal antes de bendicir as imaxes do neno Xesús que colocarán nos Beléns das súas casas e parroquias.

Enviado desde mi iPhone