O vindeiro día 27 ás 12:00 terá lugar na vila de Castro Caldelas a inauguración do Museo de Arte Sacra. Na antiga igrexa de Cimo da Vila que conta cun retablo do escultor manierista, Gregorio El Español, está instalado esta novo recinto expositivo que conta con pezas de época romana ata os nosos días.

O proxecto ideado polo historiador Manoel Carrete fai un percorrido pola historia e polo arte da Ribeira Sacra dando a coñecer as biografías de Caldelaos esquecidos coma por exemplo Xosé de Xesús María, carmelita descalzo que ten publicado multitude de libros entre os séculos XVI e XVII, sendo biógrafo de Santa Teresa ou de San Xoán da Cruz.

Tamén estarán expostas pezas actuais como a coroa da Coroación Canónica da Virxe dos Remedios, mitras e cruces pectorais do bispo de Ourense e do arcebispo de Santiago, entre outras cousas.

Ao ser Caldelas o berce do galego, xa que o primeiro documento que se coñece en lingua galega é o Foro do Bo Burgo, hai un apartado da lingua na relixión representados por Vicente Risco, Bastián Martínez Risco e Casado Nieto, que traduciu os textos sacros ao galego despois do Concilio Vaticano II.