De todos é sabida a grave situación na que se atopan os homes e mulleres da zona do Levante do noso país. Unha vez souben da noticia, inmediatamente, púxenme en contacto cos señores bispos daquelas igrexas e ofrecinlles a nosa oración e axuda. Nestes momentos diríxome a todos os fillos e fillas da Igrexa en Ourense, así coma aos homes e mulleres de boa vontade, para que poidamos colaborar coas Caritas daquelas zonas devastadas pola DANA. Queremos facerlles chegar a nosa axuda a través dunha aportación económica. Pídennos que non lles enviemos material nin alimentos porque hai dificultade para facerllos chegar e de almacenaxe.

Os sacerdotes podedes motivar algunha colecta durante estes días. Non esquezamos que, a través das nosas limonas, tamén podemos axudar aos nosos difuntos e beneficiarnos espiritualmente nós mesmos, porque toda limosna, ainda que sexa pequeña, cubre a multitude dos nosos pecados.

As aportacións facédeas nas contas que xa existen das Cáritas parroquiais, arciprestais ou Cáritas Diocesana, especificando que son para os damnificados pola DANA, ou ben entregádeas nas mesmas sedes de Cáritas. Que o Señor vos colme coa súa gracia e bendiga a vosa xenerosidade.

Con afecto e a miña bendición

J. Leonardo Lemos Montanet

Bispo de Ourense