Na mañá do 8 de setembro tiña lugar o acto de presentación da participación a Real Banda de Gaitas de Ourense na canonización do Beato Juan Jacobo, natural de Moire (Piñor) que se celebrará o domingo 20 de outubro en Roma.
A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense participará na celebración eucarística no acto de canonización do Beato Juan Jacobo, onde tamén interpretarán a obra inédita «Mártires de Damasco. In memoriam» composta para esta ocasión ao remate do acto litúrxico na praza de San Pedro que terá lugar o 20 de outubro, a partir das 10.30 horas.
No acto de presentación participaba o Bispo de Ourense, Monseñor Lemos Montanet, e o deputado de Representación Institucional, D. Rosendo Fernández, quen puxo en valor a traxectoria artística da Real Banda que estivo presente «en numerosos momentos importantes da historia en diferentes países do mundo» e, de novo, a nosa provincia terá «a mellor embaixadora posible» neste acto de canonización. Neste sentido, o deputado provincial lembrou que a Real Banda xa participou tamén no ano 2017 no acto de canonización de Faustino Míguez.
Pola súa parte, o bispo de Ourense congratulouse de que a Real Banda de Gaitas da Deputación participe neste importante acto como «buque insignia da nosa provincia» e amosou a súa «satisfacción» por ter «nese ámbito dos Santos, outro intercesor para este diocese».
D. Xosé Lois Foxo fixo un repaso polas actuacións da Real Banda de Gaitas en actos organizados pola Santa Sede e adiantou que durante o acto interpretarán a demais desta obra inédita, o Himno da Alegría e o Himno Antigo do Reino de Galicia.
Na presentación interviñeron, ademáis, Dna. Beatriz Fernández, directora territorial da Consellería de Presidencia da Xunta, institución que colabora co transporte da Real Bande Gaitas axudando así a levar a imaxe e o son de Galicia a un evento de tanta relevancia máis aló das nosas fronteiras, e o delegado episcopal de Peregrinacións, D. Óscar Martínez, quen explicou que desde a Diocese, ademáis desta peregrinación na que participan, a maiores dos familiares do novo santo e os membros da Real Banda de Gaitas, un grupo de peregrinos, encabezados polo Sr. Bispo e o Delegado episcopal de Peregrinacións, que queren facerse presentes nun acto tan relevante e esperanzador para a nosa Diocese, unha vez de volta en Ourense organizaranse distintos actos de acción de gracias tanto na súa terra natal, en Moire, onde o párroco, D. Luis Cachaldora, coida o legado do futuro santo Juan Jacobo, coma en Ourense, na igrexa dos Franciscanos (Parque de San Lázaro), incluindo tamén, además dos actos relixiosos, actividades culturais para dar a coñecer o que foi a súa vida e promover a súa memoria.
O próximo 20 de outubro o Papa Francisco canonizará ao beato Juan Jacobo Fernández (25 de xullo de 1808 – 10 de xullo de 1860), natural de Moire (Santa María de Carballeda, Piñor de Cea), 216 anos despois do seu nacemento, xunto cos outros dez mártires de Damasco (sete frades franciscanos máis e tres cristiáns de rito maorita). Este mártir franciscano fora solemnemente beatificado xunto aos outros sete frades franciscanos mártires de Damasco polo papa Pío XI o 10 de outubro de 1926, dentro das festas conmemorativas do VII centenario da morte de san Francisco de Asís.