Este domingo 12 de maio ás 18:00 horas terá lugar en Castro Caldelas a solemne celebración presidida polo Bispo de Ourense, Monseñor Lemos Montanet, e contando como padriños da Coroación co Arcebispo de Santiago de Compostela, Monseñor Francisco Prieto, natural destas terras, e a Corporación Municipal do Concello de Castro Caldelas, presidida pola Alcaldesa, Dna. Sara Inés Vega. A celebración estará acompañada pola Brilat. A coroa, feita en prata sobredourada, é deseño do pintor malagueño Francisco Naranjo, realizada polos talleres de orfebrería Montenegro.