O venres día 13 de novembro tivo lugar en Ribadavia o Curso de formación de catequistas e educadores na fe contando coa presenza do Vicario para a Catequese e Catecumenado, Educación e Cultura, D. Manuel Rodicio, que dirixiu o encontro. Seguindo a Programación de Pastoral 2026 e tamén unha das accións a nivel arciprestal comenzaba o curso de formación da Escola de Catequistas e educadores na fe do arciprestado de Ribadavia. Catequistas, profesores de Relixión e axentes de pastoral  comprometidos co anuncio da fe dábanse cita cun obxetivo claro e necesario: convivencia, compartir experiencias e formación.