Na súa visita a España o pasado mes de xuño, o papa León XIV destacaba a importancia do compromiso de todo o pobo de Deus achegando cada un o seu don para a misión común. O Día da Igrexa Diocesana, que se celebra o domingo 8 de novembro co lema Deus conta contigo. A túa diocese, a túa familia, é unha oportunidade para agradecer o labor conxunto das nosas comunidades parroquiais e lembrar que o sostemento da Igrexa depende da implicación de todos os bautizados. O seu principal obxectivo é invitar os fieis a renovar o seu compromiso achegando o seu tempo, as súas cualidades, a súa oración e o seu apoio económico, visibilizando ao mesmo tempo a intensa labor pastoral, celebrativa e caritativa que se realiza en cada recuncho. Cada comunidade é un fogar onde ninguén sobra, cada persoa é unha peza fundamental e única na gran familia da Igrexa.