O capelán do centro penitenciario de Pereiro de Aguiar da nosa diocese participu en Madrid do 13 ao 15 de outubro nas Xornadas nacionais de Capeláns e delegados/as de Pastoral Penitenciaria co lema «Alzad la mirada», abordando a influencia nas nosas pastorais da visita do Papa ao cárcere de Brians 1, coa intervención do Capelán do mesmo centro, P. Jesús Bel, OdM.
Outras ponencias abordaron «A madurez humana, psicolóxica e emocional na relación de axuda, e coñecernos para acompañar», a cargo de P. Ignacio Blaco, Fray Nacho, OdM, «Orientacións e criterios para unha Delegación e Capelanía», pola Delegacion de Santiago de Compostela, a cargo de Juan e Yolanda, e unha ponencia sobre o Plan marco da Pastoral Penitenciaria.
Unhas xornadas fructiferas polo aprendido e a vida compartida.