O xoves 21 de maio xuntabámonos en Tui preto dun centenar de sacerdotes de toda Galicia, acompañados polos Bispos, nunha fermosa xornada de convivencia.

 

Os 800 anos da Catedral de Santa María de Tui, foi a ocasión para que este III Encontro tivese lugar nesa fermosa vila.

 

Dábanos a benvida a Nosa Señora do Rosario na Igrexa se san Domingos, para logo subir ata a Igrexa de San Telmo, onde tivemos ocasión de coñecer algo máis da vida e da historia do Padroeiro da Diocese tudense. Remataba o percorrido na Catedral onde celebramos a Eucaristía.

 

A xornada continuou cun xantar en Vila Nova de Cerveira. Estes encontros son sempre unha fermosa ocasión para coidar a nosa fraternidade sacerdotal.

 

Os días 9, 10 e 11 de setembro, nas Xornadas de Poio, teremos outra oportunidade para vernos.