O Luns Santo, casi un centenar de nenos, mozos e familias participaron na xa tradicional Ruta Coresmal e Xornada Diocesana pola Vida, á que tamén se uniu o noso Bispo, e un grupo de sacerdotes.

 

A mañá comezou na igrexa de San Pedro de Leiro, de onde partiu a ruta a pé ata a Vila de Ribadavia.

 

Despois dun tempo para a comida e xogos en familia, tivo lugar un Viacrucis polas rúas e prazas da capital do Ribeiro, que rematou na igrexa de Santo Domingo.

 

Púxose fin á xornada coa celebración da Eucaristía no Santuario do Portal.