O día 9 de marzo celebrarase nos nosos Seminarios un Encontro vocacional organizado pola Delegación de Vocacións e a Delegación do Seminario.

Trátase dunha xornada que estará aberta a rapaces e rapazas dende 8 ata 20 anos de idade.

O punto de encontro será o Seminario Menor. Dende alí faranse tres grupos:

a) Rapaces de 8 a 15 anos quedarán no Seminario Menor, coordinados polo Delegado de Vocacións.
b) Rapaces de 15 a 20 anos irán ao Seminario Maior, coordinados polo Delegado do Seminario.
c) Rapazas de todas as idades, tamén no Seminario Maior, coordinadas polas Hijas de Nuestra Señora del Sagrado Corazón.

Realizaranse diversas actividades de diversión, formación e oración. É unha oportunidade para dar a coñecer os Seminarios diocesanos e a realidade das diversas vocacións na vida cristiá. Finalizaremos a xornada de novo no Seminario Menor cunha oración todos xuntos.

Contamos coa colaboración de todos para invitar a moitos rapaces e rapazas a participar.

Para INSCRIPCIÓN: 628 845 773 – 616 714 412