Este domingo día 28 de xaneiro tivo lugar na sede da asociación Virxe dos Remedios de Castro Caldelas una conferencia sobre a Coroación Canónica e o seu significado para os cristiáns, dentro da serie “Proxecto de formación de laicos con ocasión da coroación canónica”, a cargo de D. Jesús Río Ramilo, licenciado en Dereito Civil e Canónico, xuíz do Tribunal Eclesiástico do Bispado de Lugo e párroco da Seara e de varias parroquias da zona de Quiroga.

A necesidade e urxencia da formación para os laicos é algo constatado nos últimos tempos por diferentes instancias. Por exemplo, a Conferencia Episcopal Española, no seu documento Cristianos laicos, Igrexa no mundo afirmaba que “a formación dos laicos é unha prioridade de máxima urxencia para toda a Igrexa” (CLIM 70). No mesmo sentido xa se expresou Juan Pablo II na exhortación apostólica Christifideles Laici, na que recollía esta petición os pais sinodais: “a formación dos fieis laicos ten que de colocarse entre as prioridades das dioceses e ten que incluírse nos programas de acción pastoral” (ChL 57). Neste eido de formación a Unidade Pastoral de Caldelas ofrece posibilidades de acceso a unha mellor e mais sólida preparación para a Coroación Canónica da Virxe dos Remedios.