Esta pasada fin de semana (20 e 21 de xaneiro) tivo lugar, na nosa Diocese, o primeiro dos Encontros Prematrimonias deste ano.
Un total de sete parellas compartiron estes dous días de formación, convivencia e oración, nos que se prepararon para ese paso tan importante que van a dar nas súas vidas, o sacramento do matrimonio. 
O encontro tivo lugar na sede do Instituto da Familia e rematou coa celebración da Eucaristía presidida polo noso Bispo.