O vindeiro domingo día 31 de decembro celebra a Igrexa a Festa da Sagrada Familia de Nazaret. Na nosa Diocese celebraremos a Xornada da Sagrada Familia cunha celebración eucarística presidida polo noso Bispo na igrexa de Celanova o sábado 30 as 18:00. Ó remate da mesma terá lugar a inauguración da Exposición dos Milagros Eucarísticos do Beato Carlo Acutis na mesma igrexa conventual. Dende a Delegación de Familia, Vida, Infancia e Xuventude animamos a todos a participar nesta celebración e rezar polas nosas familias.