O Sr. Bispo participaba esta mañá na presentación do Concerto de Nadal da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense con Lucía Pérez e Xabier Vizcaíno, en homenaxe a Aurora Lolo Rodríguez, que se celebrará na Diocese de Astorga este ano, concretamente na igrexa de Santa Rita de Valdeorras, o día 27 de decembro ás 18.30 horas.

A presentación foi ofrecida polo director da Real Banda de Gaitas, D. Xosé Lois Foxo, e polo vicepresidente terceiro da Deputación, D. Plácido Álvarez, e culminou coa interpretación de tres miembros da Real Banda de Gaitas.