Máis de 25 mozos e mozas de Amencer participarán nun  encontro xuvenil en Allariz-Ourense. Xuntaranse preto de 160 mozos e mozas desde os 14 até os 19 anos dos centros xuvenís don Bosco de Galicia, Asturias, Castela e León. Organizan as federacións de Centros Xuvenís Don Bosco de Castela e León e Galicia.

Co lema “A viaxe soñada” / “Soñando a túa vida” queremos reflexionar e compartir sobre a súa vida entre eles favorecendo actitudes de apertura, diálogo e servicio aos demais, experimentando opcións de vida que nos poden enriquecer e humanizar, e celebrando a Vida que nace do Evanxeo de Xesús, cunha clara intención de revitalizar os grupos dos centros xuvenís. Para elo organizanse actividades coa fin de convivir con outros mozos/as de inquedanzas semellantes, reflexiónase persoalmente e en grupo, celébrase a reconciliación e maila Eucaristía, farán oración, gózase dos encontros persoais e de grupo, sacando conclusións e tentando trasladalas ó seu día a día.