O vindeiro mes de setembro terá lugar en Quito (Ecuador) o congreso eucarístico internacional. Con motivo de prepararnos para este acontecemento, na nosa Diocese están a levarse a cabo diferentes iniciativas co fin de promocionar o culto eucarístico.

Hoxe damos comezo a esta exposición itinerante dos milagros eucarísticos do beato Carlos Acutis, que nos próximos meses recorrerá diferentes puntos da nosa igrexa diocesana, co fin de coñecer e acercar un pouco máis esta realidade á nosa xente.
O Beato Carlo Acutis falece aos só 15 anos de idade por mor dunha leucemia fulminante, deixando na memoria de todos os que o coñeceron un gran baleiro e unha profunda admiración polo que foi o seu breve e á vez intenso testemuño de vida autenticamente cristiá. Dende que recibiu a Primeira Comuñón aos 7 anos de idade nunca faltou á cita diaria coa Santa Misa. Sempre, antes ou despois da celebración eucarística, quedaba diante do Sagrario para adorar ao Señor realmente presente no Santísimo Sacramento. A Virxe era o seu gran confidente e nunca deixaba de honrala rezando cada día o Santo Rosario. 
A modernidade e a actualidade de Carlo conxugan perfectamente coa súa profunda vida eucarística e devoción mariana, que contribuíron a que chegase a ser un mozo moi especial ao que todos admiraban e amaban. Citando as palabras de Carlo: “A nosa meta debe ser o infinito, non o finito. O Infinito é a nosa Patria. Desde sempre o Ceo espéranos”. 
Súa é a frase: “Todos nacen como orixinais pero moitos morren como fotocopias”. Para dirixirse cara a esta Meta e non “morrer como fotocopias” Carlo dicía que o noso Compás ten que ser a Palabra de Dios, coa que temos que confrontarnos constantemente. Pero para unha Meta tan alta fan falta Medios moi especiais: os Sacramentos e a oración. En especial, Carlo situaba no centro da súa vida o Sacramento da Eucaristía que chamaba “a miña autoestrada cara ao Ceo”. 
Carlo estaba moi dotado para todo o que está relacionado co mundo da informática. Por iso 
creou unha páxina web que cataloga e promove moitos dos milagres eucarísticos de todo o mundo. Alí, dicíalles aos visitantes: «Canto máis frecuentemente recibamos a Eucaristía, máis nos pareceremos a Jesús, de modo que nesta terra teremos un anticipo do ceo». 
Algúns de esos milagres recollidos polo beato, foron impresos e son os que comforman esta exposición que nesta tarde inaguaramos e que esperemos que nos axude a acercarnos mais o Señor na Eucaristía, e poidamos, como decía o beato “vivir con Xesús, para Xesús, en Xesús. (…) “Estou contento de morrer porque vivín a miña vida sen malgastar nin un só minuto dela en cousas que non lle gustan a Deus”.