O sábado 16 de decembro, ás 11:00 horas na parroquia de María Auxiliadora (Salesianos), organizado pola Delegación Episcopal de Misións e da man da Asociación Xuvenil Amencer de Ourense, farase unha celebración de envío para, a continuación, sair ás rúas da cidade cantando panxoliñas e anunciando que Xesús nace para todos.

Estades todos convidados a participar nos SEMENTADORES DE ESTRELAS.

© Obispado de Ourense 2023