O sábado 11 de novembro tivo lugar en Castro Caldelas o acto público de entrega dos I Premios Foro do Bo Burgo, promovidos polo Concello de Castro Caldelas e mais a Unidade Parroquial do Burgo, para recoñecer a persoas físicas e xurídicas que destacan pola promoción do idioma galego e, ao tempo, conmemorar o 795 aniversario do Foro do bo Burgo de Castro Caldelas (documento dado por Afonso IX en 1228 e redactado en galego).

O arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. Francisco Prieto, foi galardoado nesta primeira edición, xunto co doutor Eduardo López Collazo, a Fundación Vicente Risco, a escritora Helena Villar Janeiro, e a directora xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia Maria del Carmen Martínez Ínsua.

O acto contou coa presencia do noso Bispo, mons. Leonardo Lemos Montanet, e coa intervención do historiador Manuel Carrete, que explicou a importancia histórica do Foro, así como coa actuación musical de Marcelo Dobode.

WP2Social Auto Publish Powered By : XYZScripts.com