O domingo 18 de xuño, a Catedral de Lugo acolleu a tradicional Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento dentro da Solemne Misa Pontifical da Oitava de Corpus. Nesta edición presidiu a Eucaristía o bispo de Ourense, monseñor Leonardo Lemos Montanet, que recibiu a ofrenda do alcalde da cidade das burgas, Gonzalo Pérez Jácome. Participaron tamén o Bispo de Lugo, mons. Alfonso Carrasco; o Arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto; o bispo de Vigo, mons. Luís Quinteiro; e o arcebispo emérito de Santiago, mons. Julián Barrio.
Na presentación da Ofrenda, o alcalde de Ourense pediu ao Santísimo que «ilumine coa súa permanente luz aos alcaldes, alcaldesas e concelleiros que rexerán o destino da administración máis próxima á cidadanía.
Na resposta á Ofrenda, o Bispo de Ourense suplicou ante o Señor Sacramentado «polas novas corporacións municipais e provinciais, para que os homes e mulleres elixidos polos cidadáns non perdan a perspectiva da súa nobre vocación política. Unha vocación, engadiu, que está encamiñada á edificación da cidadanía e a unha adecuada actividade, en liberdade, do ser humano. Ademáis, lembrou que «os nosos antepasados souberon descubrir na presenza deste Señor Sacramentado a forza e o impulso para construír unha cidade libre e unha sociedade xusta e fraterna. Á luz da Eucaristía, xa dende o primeiro momento do despregamento da forza e do dinamismo do Evanxeo no mundo, xurdiron obras de solidariedade humana, de beneficencia, do exercicio concreto do que viñemos chamando Cáritas ata a actualidade.»
Rematada a Santa Misa tivo lugar a procesión co Santísimo polas rúas do centro da cidade de Lugo.