O martes 8 de outubro presentábase no Centro Cultural Marcos Valcárcel a 4ª edición da Biblia en galego, editada pola Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos (SEPT). Na presentación desta nova edición participaron Monseñor Lemos Montanet, Bispo de Ourense, Silvestre Gómez Xurxo, vicepresidente de SEPT; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística de la Xunta de Galicia, Xosé Fernández, biblista supervisor desta edición e deán da catedral de Santiago, e o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, nun acto no que se contou tamén coa presenza do Subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Alfonso.
A falla de exemplares da Biblia en galego e a necesidade de adaptar o texto ás novas normas lingüísticas foron as razósn que levaron a esta cuarta edición que busca cubrir a demanda dos fieis que desexen rezar na súa lingua autóctona.