Do 11 ó 13 de setembro celébranse as XXIX Xornadas do Clero en Poio, organizadas polas Dioceses de Galicia. Trátase dunha invitación á reflexión nun momento no que converxen múltiples acontecementos políticos, económicos e culturais, expresión dunha grande transformación que afecta á transmisión da fe e á convivencia na nosa sociedade, de xeito que poidamos responder adecuadamente.
O Arcebispo de Valladolid, Monseñor D. Luis Argüello, o Bispo de Lugo Monseñor D. ALfonso Carrasco, o xornalista D. Xesús Fontenla, o director do Instituto da Familia de Ourense, D. Xosé Manuel Domínguez, o Doutor en Ciencias Políticas D. Xosé Luis Barreiro e o comisario xefe da Policía Nacional en Santiago, D. Castor Vázquez, ofrecerán os distintos relatorios, con tempo para a tertulia e a convivencia.